Xunta de Galicia

Galicia súmase ao protocolo para a conservación do quebraosos en España xunto co Ministerio de Agricultura e outras 11 comunidades autónomas

Dende o ano 2000 existe unha estratexia para asegurar a recuperación desta especie en perigo de extinción e un programa de cría en catividade deste ave en España

Preténdese impulsar a realización de máis accións de recolonización da súa área de distribución histórica, como o proxecto de reintrodución que se está facendo nos parques naturais de Cazorla e os Picos de Europa
 

  • O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe en Madrid co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente un protocolo para a conservación do quebraosos
  • O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe en Madrid co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente un protocolo para a conservación do quebraosos
  • O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe en Madrid co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente un protocolo para a conservación do quebraosos

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe en Madrid co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente un protocolo para a conservación do quebraosos (Gypaetus barbatus), xunto con outras 11 comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra e o País Vasco) nun acto presidido polo ministro Arias Cañete.

Dende o ano 2000 existe en España unha estratexia para a conservación do quebraosos en España aprobada pola Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade, e tamén un programa de cría en catividade desta ave. A finalidade desta actuación é asegurar a súa recuperación e conservación a longo prazo, incluíndo entre os seus obxectivos a recolonización da súa área de distribución histórica, si é necesario mediante reforzamento de poboacións, como o proxecto de reintrodución que se está facendo no Parque Natural de Cazorla, Segura e As Villas (Xaén), usando exemplares nacidos en catividade.

Como desenvolvemento desta Estratexia, as CC.AA de Aragón, Cataluña, Navarra e Andalucía, dispoñen de plans de recuperación aprobados oficialmente. Pola súa parte, o País Vasco ten en tramitación un plan de xestión de aves necrófagas, que inclúe ao quebraosos.

Éxito doutros proxectos
De acordo coa lexislación vixente, establécese que este tipo de programas debe ser presentado á Comisión Estatal do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e aprobado pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente. En 2010, a petición do Goberno de Asturias, a Conferencia Sectorial acordou comezar un programa de reintrodución no Parque Nacional dos Picos de Europa, para obter datos etolóxicos e de dispersión, autorizándose soltas experimentais de exemplares procedentes de Aragón.

A realización con éxito de proxectos de reintrodución, tanto en Cazorla como en Picos de Europa, e noutros lugares que puideran plantexarse no futuro, permitirían que se crease un sistema metapoboacional, que mitigaría o risco de extinción para a poboación pirenaica e que se estendese o rango de distribución da especie nalgunhas das súas antigas áreas de ocupación. Por todo iso, os asinantes deste protocolo, no marco das súas competencias, en función das dispoñibilidades orzamentarias e impulsarán a realización das seguintes accións:

• Reforzar a aplicación e a colaboración dos programas e iniciativas de conservación deste animal existente nos Pirineos, baixo o marco da Estratexia para a conservación de quebraosos en España e do programa de cría en catividade.
• Favorecer a conservación da biodiversidade das cordilleiras españolas, a través da conservación e recuperación do quebraosos como especie simbólica destes macizos montañosos e como valorización dun territorio e de creación de oportunidades para o desenvolvemento rural.
• Continuar co programa de reintrodución en Cazorla e coas soltas de exemplares nos Picos de Europa.
• No menor prazo posible, elaborar un proxecto de reintrodución do quebraosos nos macizos nos que se extinguiu e nos que resulte posible emprender a súa recuperación, vendo os resultados das experiencias noutras CC.AA. e países.
• Poñer a disposición dos proxectos de conservación en Pirineos e de reintrodución en outras áreas os medios adecuados, para maximizar as súas probabilidades de éxito.
• Nos proxectos de reintrodución que utilicen animais silvestres como poboación donante, cumprir os criterios orientadores do protocolo de extraccións aprobado polo grupo de traballo e garantir que a extracción de animais donantes se realice sen afección a súa viabilidade.
• Promover e apoiar as prácticas gandeiras tradicionais nos macizos montañosos españois, que sexan compatibles coa conservación da biodiversidade en xeral, e do quebraosos en particular.
• Apoiar outros proxectos que puideran iniciarse no futuro, para a recolonización de áreas nas que esta ave extinguiuse no pasado.

O quebraosos
O quebraosos é unha especie en perigo de extinción que está incluída no Catálogo Español de Especies Ameazadas e no Anexo I da Directiva de aves. En Europa, a poboación máis importante está en ambas as vertentes do macizo pirenaico, co 85% das unidades reprodutoras coñecidas da Unión Europea, e unha tendencia demográfica positiva nas últimas décadas. A poboación reprodutora pirenaica española estimouse, en 2011, nunhas 134 parellas, 84 distribuídas en Aragón, 40 en Cataluña e 10 en Navarra.

Esta poboación depende de factores que condicionan, a corto e medio prazo, a súa supervivencia, como o seu reducido tamaño poboacional, a restrinxida área de distribución e a dificultade da especie para colonizar novos territorios. A suma destes factores a converten nunha poboación vulnerable, polo que hai que reforzar os programas de conservación que xa se veñen aplicando no pasado.

  • whatsapp