A Axencia Tributaria de Galicia ofrece en Lugo un servizo especial de asistencia aos pensionistas retornados

A Xunta de Galicia conta xa na Delegación Territorial de Lugo con persoal especializado para axudar aos pensionistas retornados nos procesos de devolución

Así mesmo, colabora coa axencia estatal a través de plataformas conxuntas no proceso de regularización de declaracións de IRPF
 

Lugo, 6 de febreiro de 2015
Compartir
  • whatsapp

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) dispón en Lugo de técnicos para atender aos usuarios interesados nas campañas especiais de asistencia para pensionistas retornados. Así, xestiona directamente as consultas sobre procesos de devolución e colabora coa Axencia Tributaria do Estado (AEAT) nos procesos de regularización de declaracións do IRPF. Ambas campañas comezaron o día 2 de xaneiro e rematarán o 30 de xuño.

Dende o pasado 1 de xaneiro os pensionistas retornados poden solicitar a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora. Este trámite poden facelo por internet ou presencialmente, tanto nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia, situada en Lugo no primeiro andar da sede da Delegación Territorial da Xunta, como nas da Axencia Tributaria do Estado.

A Xunta conta con persoal especializado na delegación da ATRIGA en Lugo para axudar aos pensionistas retornados en todo este procedemento. Así mesmo, esta axencia tamén dispón dun número de teléfono (881.995.284) para informar sobre o proceso de devolución.

Por outra parte, os emigrantes retornados xa poden presentar as declaracións tributarias que lles correspondan coa axuda de persoal especializado. A campaña especial para a regularización das declaracións de IRPF realízase nas oficinas da AEAT, a través de plataformas conxuntas nas que participa persoal da Xunta de Galicia e da Administración do Estado, tal e como se estableceu no protocolo asinado pola Consellería de Facenda e a AEAT. Esta colaboración entre as dúas administracións é similar á que veñen realizando dende hai anos na campaña da renda. Os contribuíntes poden solicitar cita previa por teléfono ou por internet