Desde o ano 2009, o Goberno galego leva asinadas 47 ordes de aprobación definitiva de Plans Xerais de Ordenación Municipal nos concellos galegos

Ethel Vázquez destaca que coa aprobación do PXOM de Boqueixón asegúrase o desenvolvemento sostible deste concello coruñés durante os vindeiros 20 anos

A conselleira de Territorio asinou hoxe a orde de probación definitiva

O solo rústico supón case o 90% da superficie do municipio. Dentro deste solo rústico destaca o de protección paisaxística (5,17%), no que se engloban os principais fitos paisaxísticos do concello como o Pico Sacro

O solo de núcleo rural, pola súa banda, con case 6 km2 de superficie (o 8,2% do total) supón o recoñecemento dos asentamentos no rural, que teñen a condición de núcleos de poboación segregados do núcleo urbano

O PXOM recolle os 113 núcleos rurais existentes, os cales derivan á súa vez dun territorio moi fértil con 14 parroquias
 

Boqueixón (A Coruña), 6 de febreiro de 2015.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Boqueixón, un documento que outorgará seguridade xurídica e permitirá o desenvolvemento sostible deste concello coruñés durante os vindeiros 20 anos.

A conselleira destacou, en presenza do alcalde Jesús Sanjuás e da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, o traballo realizado polo equipo redactor e polo goberno municipal, que permitirá a este concello de algo máis de 4.300 habitantes afrontar o futuro cunha folla de ruta establecida, con garantías.

SOLO

SUPERFICIE

%

TOTAL CONCELLO
 73,107 km2

100,00 %

SOLO RÚSTICO

65,585 km2

89,71 %

PROTEXIDO
64,045 km2
87,60 %

          Paisaxística

3,781 km2
5,17 %

    Forestal

31,876 km2
43,60 %

    Espazos Naturais

0,329 km2
0,45 %

    Agropecuario

18,492 km2
25,29 %

    Augas

6,299 km2
8,62 %

    Infraestruturas

3,046 km2
4,17 %

    Patrimonio

0,222 km2
0,30 %
ORDINARIO

1,540 km2

2,11 %
SOLO DE NÚCLEO RURAL
 5,998 km2

8,20 %

SOLO URBANIZABLE

0,850 km2

1,17 %

DELIMITADO INDUSTRIAL
0,680 km2
0,94 %
DELIMITADO RESIDENCIAL
0,084 km²
0,11 %
NON DELIMITADO INDUSTRIAL
 0,086 km²
0,12%
SOLO URBANO
 0,674 km2

0,92 %

CONSOLIDADO
0,631 km2
0,86 %
NO CONSOLIDADO
0,043 km2
0,06 %

O documento aprobado hoxe establece case o 90% da superficie do concello como solo rústico protexido sobre todo de carácter forestal e agropecuario. Dentro deste solo rústico destaca o de protección paisaxística (5,17%), no que se engloban os principais fitos paisaxísticos do concello como o Pico Sacro, emblema do concello de Boqueixón. Tamén é destacable, no solo rústico de protección ordinaria o espazo vinculado á mina Serrabal, situada entre os concellos de Vedra e Boqueixón, que constitúe un dos motores económicos do municipio.

O solo de núcleo rural, pola súa banda, con case 6 km2 de superficie (o 8,2% do total) supón o recoñecemento dos asentamentos no rural, que teñen a condición de núcleos de poboación segregados do núcleo urbano. Deste xeito, o PXOM recolle os 113 núcleos rurais existentes, os cales derivan á súa vez dun territorio moi fértil con 14 parroquias.

Recolle, ademais, tres sectores de solo urbanizable delimitado residencial, na parroquia de Lestedo, para completar a trama urbana e mellorar as conexións.

Contempla catro sectores de solo urbanizable de carácter industrial —dous en Camporrapado e dous na Susana— que permitirán ordenar e planificar o crecemento de dúas áreas deste municipio que contan cun gran dinamismo e protagonismo industrial

O PXOM establece unha capacidade residencial total de 3.112 vivendas, das que 1.066 poderán ser de nova construción, sobre todo en solo urbano consolidado e en solo de núcleo rural.

Ademais, segundo destacou a conselleira, o documento prevé máis de 111.000 metros cadrados de superficie de espazos libres e zonas verdes, o que supón un 25% máis do esixido por lei e case 105.000 metros cadrados de equipamento comunitario, tres veces máis do esixido pola normativa.

O plan xeral de Boqueixón contou con máis de 116.000 euros de axudas do Goberno galego para a súa redacción con esta aprobación, son xa 6 os concellos da comarca de Santiago que contan cun Plan Xeral de Ordenación Municipal: Santiago, Brión, Ames, Vedra, Teo e Boqueixón. Tan só resta o municipio de Val do Dubra, que está tramitando o documento de planeamento urbanístico, un documento que conta xa coa aprobación inicial.

Desde o ano 2009, a Xunta leva asinadas 47 ordes de aprobación definitiva de Plans Xerais de Ordenación Municipal nos concellos galegos. Delas, 21 foron na presente lexislatura.

Sons relacionados
Audio de Ethel Vázquez en Boqueixón
Imaxes relacionadas