A USC, o Concello de Santiago e Sanidade analizarán a posibilidade de reubicar os estudos de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría no entorno do Hospital Clínico de Santiago

Logo dunha reunión que hoxe mantiveron representantes das tres partes no Edificio Administrativo do Sergas

A tal efecto, crearase un grupo de traballo composto por dous representantes de cada unha das institucións

Santiago, 7 de maio de 2015
Compartir
  • whatsapp

Representantes da Universidade de Santiago de Compostela, do Concello de Santiago e da Consellería de Sanidade, reuníronse esta mañá no Edificio Administrativo do Sergas para analizar a forma de dar resposta ás actuais e futuras necesidades docentes e asistenciais no campo da formación clínica.

Neste eido, acordaron crear un grupo de traballo, composto por dous representantes de cada unha das institucións, co obxectivo de estudar e valorar a posibilidade de reubicar os estudos de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría no entorno do Hospital Clínico da capital galega.

Acordouse tamén renunciar á utilización dos terreos da urbanización San Ignacio de Loyola para a edificación da nova facultade de Medicina, como xa comprometera o alcalde cos veciños de ditas vivendas, polo que o concello axilizará os trámites do Plan Xeral para proceder á desafectación do ámbito.

En concreto, o grupo de traballo terá a función de desenvolver os labores técnicos e os instrumentos específicos necesarios para a consecución dos obxectivos acordados.

Imaxes relacionadas