Díez de Castro afirma que o modelo galego de xestión da investigación pública inicia a súa optimización “no momento idóneo”

O ciclo organizado para activar este proceso comezou hoxe coas achegas de representantes do modelo vasco de investigación

A xestión do talento investigador foi o elemento máis destacado polos ponentes como eixe dun modelo eficiente e excelente

As seguintes xornadas traerán a representantes madrileño, catalán e galego, e a achega da Secretaría de Estado de I+D+I
 

Santiago, 5 xuño de 2015
Compartir
  • whatsapp

Medio cento de decisores e xestores relacionados co ecosistema galego de investigación déronse cita hoxe no edificio CIMUS do Campus Sur de Santiago de Compostela co fin de compartir ideas sobre as mellores fórmulas para optimizar o modelo de xestión dos centros científicos. Durante a apertura da primeira xornada do ciclo, que terá lugar durante este mes de xuño, o secretario xeral de Universidades da Xunta, Xosé Alberto Díez de Castro, sinalou que “é o momento idóneo para acometer este proceso de adaptación do modelo galego ao contexto actual porque coincide co arranque dos novos plans de financiamento estatal e europeo”.

Mediante o ciclo iniciado hoxe co título “Fo´rmulas de e´xito de xestio´n da investigacio´n en Espan~a. Ideas compartidas para a posta a punto da contorna galega”, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria busca que este proceso sexa participado, implicando nel aos axentes que forman parte do sistema de centros, desde os decisores aos investigadores, pasando polos xestores e todos os perfís intermedios.

“Neste proceso, que aspiramos a que sexa froito dun esforzo colaborativo, tomamos como punto de partida as capacidades e potencialidades propias da nosa contorna, á vez que queremos explorar as mellores prácticas desenvolvidas noutras comunidades”, afirmou Díez de Castro. A rolda comezou hoxe co modelo vasco, exposto por Fernando Cossi´o, director científico de Ikerbasque, a Fundacio´n Vasca para a Ciencia, e José María Mato, director xeral do Centro de Investigacio´n Cooperativa en Biociencias (CIC bioGUNE) e do Centro de Investigacio´n Cooperativa en Biomateriais (CIC biomaGUNE).

Logo das intervencións dos representantes do modelo vasco, iniciouse un coloquio no que os asistentes formularon as súas preguntas e achegaron as súas ideas e suxerencias para optimizar o modelo galego.

A importancia do talento

O director científico de Ikerbasque explicou que a fundación é o eixe sobre o que se articula o ecosistema no que interactúan os centros de investigación, as universidades, os hospitais e os centros tecnolóxicos vascos e que, “grazas a un salto cualitativo impulsado pola retención, o reclutamento e a repatriación de persoas excelentes nos seus campos, nos levou a onde estamos agora”, en referencia ao protagonismo que o sistema vasco, referente a nivel estatal, lle outorga á xestión do talento científico.

Ikerbasque, que actúa como elemento vertebrador de todo o sistema de investigación público de Euskadi, xestiona 25 millóns de euros de financiamento estable ao ano, aos que se suman os fondos captados en convocatorias competitivas. “De cada euro que inviste o Goberno vasco en Ikerbasque, obtense un retorno de dous euros adicionais de recursos externos a Euskadi que se usan para fomentar a investigación mediante a contratación de científicos de todos os niveis, infraestruturas, etc. O sistema é economicamente viable”, insistiu Cossío.

Sobre a asignación de recursos, afirmou que a fórmula do café para todos, “aínda que hai momentos nos que pode ser positivo”, non é a máis axeitada actualmente, polo que en Ikerbasque decidiron concentrar a súa aposta de financiamento nos centros de investigación máis excelentes, con criterios de avaliación de resultados moi esixentes para garantir a eficiencia do investimento. Esta política está funcionando ben, cun incremento dos resultados en termos de produción e impacto en todos os centros, “excepto no ámbito sanitario, onde estamos a ver como resolver a tensión entre a práctica clínica e a investigación, que nos últimos tempos levou a un estancamento dos resultados científicos”.

As claves de futuro para o sistema vasco, que Cossío extrapolou a calquera sistema de investigación, son “xerar unha contorna atractiva, contar con institucións competitivas e flexibles e ter capacidade para atraer talento internacional”.

Elementos para o éxito

José María Mato explicou que os centros de investigación cooperativa (CIC) de Euskadi foron creados en 2002 para a xeracio´n de novo coñecemento como a transferencia tecnolo´xica, a formacio´n de alto nivel e a explotacio´n comercial dos resultados de investigacio´n. En particular, el é o director xeral do CIC-bioGUNE) e do CIC-biomaGUNE, este último coordinado polo científico galego Luis Liz-Marzán.

Mato explicou que a atracción de talento a un centro de investigación esixe “un director científico que exerza un efecto aglutinador, unhas boas infraestruturas, un salario digno e un equipo mínimo garantido para iniciar o seu traballo no centro”, que no caso dos CIC teñen por norma contratar só a investigadores que non estean xa desenvolvendo o seu traballo noutra institución en Euskadi. “Buscamos incorporar talento excelente procedente do exterior e esiximos exclusividade aos nosos investigadores”, precisou.

Segundo a súa experiencia, hai cuestións que poden parecer tanxenciais pero que en realidade teñen moita importancia nun centro de investigación internacional, por exemplo, ter como lingua de traballo o inglés. Nestes 13 anos de funcionamento, pasaron polos CIC dirixidos por Mato investigadores procedentes de 50 países, “que por suposto non deberían enfrontarse nunca a que os seus compañeiros falen noutras linguas”.

Madrid, Catalunya e Galicia

Os días 12 e 18 de xuño pasarán polo ciclo decisores e xestores dos sistemas públicos de investigación de Madrid e Catalunya, que compartirán cos asistentes as súas experiencias e expectativas de futuro.

A sesión final terá lugar o 19 de xuño, coas achegas de Mabel Loza (Universidade de Santiago de Compostela), Fernando Pérez (Universidade de Vigo) e Héctor Gómez (Universidade da Coruña), tres investigadores galegos destacados pola súa excelencia nos seus respectivos campos de coñecemento. A visión sobre o modelo galego será completada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Pola súa banda, a secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Goberno central, Carmen Vela, exporá o impulso do liderado científico e tecnolóxico a través do Programa de Apoio a Centros de Excelencia Severo Ochoa.

Imaxes relacionadas