Marisol Díaz Mouteira participa na clausura do terceiro Foro da Comunicación de Galicia
Compartir
  • whatsapp

Ourense, 25 de novembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na clausura do 3º Foro da Comunicación de Galicia e na entrega dos Premios á Comunicación Innovadora de Galicia. O Foro, no que a Goberno galego colaborou a través do Igape e da Secretaría xeral de Medios e que se desenvolveu en Expourense, tivo como obxectivo promover o emprendemento no sector e sensibilizar ás empresas sobre a necesidade de contar con estratexias de comunicación que transmitan a mensaxe adaptada ao cliente.

Imaxes relacionadas