Xunta de Galicia

Medio Rural destinou máis de 300.000 euros a axudas para a distribución de froitas frescas nas escolas durante este curso

A conselleira Ángeles Vázquez destacou hoxe a importancia desta iniciativa na presentación en Salvaterra de Miño do libro “Os bolechas fan unha merenda con vexetais”

Desta guía, que ten como obxectivo fomentar hábitos alimentarios saudables nos cativos, publicáronse 5.000 exemplares que se distribuirán entre colexiais de 321 centros educativos de toda Galicia
 

Audio coas declaracións da conselleira
  • A conselleira Ángeles Vázquez destacou hoxe a importancia desta iniciativa na presentación en Salvaterra de Miño do libro “Os bolechas fan unha merenda con vexetais”
  • A conselleira Ángeles Vázquez destacou hoxe a importancia desta iniciativa na presentación en Salvaterra de Miño do libro “Os bolechas fan unha merenda con vexetais”
  • Portada bolechas

Santiago, 13 de xuño de 2015.- A Consellería do Medio Rural destinou algo máis de 300.000 euros ás axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares no curso 2015/2016. O obxectivo destas axudas é fomentar hábitos alimentarios saudables nos cativos, mediante o consumo de froitas frescas como kiwis, mazás, peras, plátanos, mandarinas e doutras froitas de tempada como cereixas, ameixas, amorodos, melón, figos ou uvas.

A conselleira Ángeles Vázquez destacou hoxe a importancia desta iniciativa, na presentación do libro “Os bolechas fan unha merenda con vexetais”. Esta guía, obra de Pepe Carreiro, está editada por Bolanda e promovida pola Xunta, coa finalidade de achegar esta mensaxe aos máis pequenos dun xeito lúdico e cunha linguaxe adaptada á súa idade.

A titular de Medio Rural, que estivo acompañada neste acto pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou esta mañá na entrega de exemplares desta obra aos alumnos do Colexio de Educación Primaria (CEP) Carlos Casares de Salvaterra de Miño.

O libro dos bolechas, do que se publicaron 5.000 exemplares, distribuirase entre colexiais dun total de 321 centros educativos de toda Galicia que foron beneficiarios das axudas para a distribución de froitas ao alumnado.

Galicia participa no Plan de consumo de froitas e verduras nas escolas desde o 2009. En total, desde ese ano beneficiáronse deste programa case 300.000 rapaces e rapazas de toda a Comunidade.
 

  • whatsapp