Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 113 distintivos para os areais galegos

A Comunidade galega ocupa a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis con un total de 26

Galicia recibe un total de 113 bandeiras para os areais de 38 concellos; mantén as 18 para portos deportivos e incrementa a distinción para 15 centros azuis

A rexión galega acapara case un 25% das 579 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor

O areal Arou (Camariñas),Valarés, Ermida e Osmo (Ponteceso), A Concheira e A Ribeira (Baiona) e Panxón (Nigrán) volven a obter este distintivo que non recibiran na pasada edición

Novamente, o Concello de Sanxenxo, con 11 distintivos, repite como o municipio galego con máis bandeiras azuis nos seus areais

Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, mentres que na provincia de Lugo é Concello de Foz

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2017. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalá (95 bandeiras).

Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2016; e a recuperación da bandeira azul para a praia da A Concheira e A Ribeira, en Baiona; e de Panxón, en Nigrán.

Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con seis areais distinguidos. Camariñas e Ponteceso volven sumarse á lista de concellos con areais galardoados coa praia de Arou e de Valarés, Ermida e Osme, respectivamente.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é o concello máis recoñecido, con catro galardóns para as praias de Peizá, Llás, As Polas e A Pampillosa.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 26 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. (Ao final das táboas coa relación de bandeiras azuis para os areais galegos, indícanse os sendeiros distinguidos).

Portos deportivos, centros e sendeiros azuis


En relación aos portos deportivos, en 2017 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.

É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 15 centros azuis, dun total de 71 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Muros e Burela, por ser quen de manter estes recoñecementos.

A continuación detállase por provincias, concellos e areais con bandeira azul:

PROVINCIA DA CORUÑA
Concello
Praia
Boiro
Barraña
Carragueiros
Retorta
Barraña-Saltiño
Ladeira do Chazo
Piñeirón
Muros
San Francisco
Dumbría
Ézaro
Fisterra
Langosteira (Zona norte)
Camariñas
Arou
Laxe
Laxe
Ponteceso
Valarés
Ermida
Osmo
Carballo
Saíñas- Pedra do Sal
A Laracha
Caión
Arteixo
O Reiro
Barrañán
Combouzas
Valcovo
Hucha
A Salsa
Alba- Sabón
A Coruña
Riazor
Orzán- Matadero
San Amaro
As Lapas
Oleiros
Bastiagueiro
Mera
Espiñeiro
Santa Cristina
Naval
Miño
Perbes- Andahío
A Ribeira
Ferrol
Doniños
San Xurxo
Esmelle
A Fragata
Valdoviño
Meirás- O Río
Frouxeira
Valeo
Pantín
Villarube
Ortigueira
Morouzos
Mañón
Bares
Esteiro
TOTAIS: 17
47
 
PROVINCIA DE LUGO
 
Concello
Praia
O Vicedo
Abrela
 
Xilloi
Viveiro
Area
Xove
Esteiro
Cervo
O Torno
Burela
A Marosa
Ril
Foz
Peizás
Llás
As Polas
A Pampillosa
Ribadeo
Os Castros- Illas
As Catedrais
TOTAL: 7
13
 
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
 
Concello
Praia
A Guarda
O Muíño
Area Grande
Baiona
Os Frades
A Barbeira
A Concheira
A Ribeira
Nigrán
Praia Ameria
Panxón
Patos
Vigo
O Vao
Argazada
Rodas- Illas Cíes
Figueiras- Illas Cíes
A Punta
Tombo do Gato
Fortiñón
Canido
Fontaíña
Redondela
De Cesantes (dereita)
Moaña
Praia do Con
Cangas do Morrazo
Areabrava
Nerga
Menduíña
Melide
Areamilla
Liméns
Rodeira
Bueu
Area de Bon
Portomaior
Lagos
Lapamán
Marín
Aguete
Mogor
Portocelo
O Santo- Coviña
Poio
Xiorto
Cabeceira
Sanxenxo
A Lanzada- O Espiñeiro
Canelas
Montalvo
Silgar
Bascuas
Major
Foxos
Areas Gordas
Pragueira
Baltar
Paxariñas
Vilagarcía de Arousa
Preguntoiro
Campanario
Illa de Arousa
Area de Secada
Bao (Camaxe)
Ponte Caldelas
Praia fluvial A Calzada
TOTAL: 14
53
 
Sendeiros azuis (novos en 2017)
 
Provincia
Concello
Sendeiro
 
 
 
 
A Coruña
Ortigueira
Borde litoral Ría de Ortigueira
A Laracha
Sendeiro da praia
Arteixo
Senda litoral
Boiro
Sendeiro litoral de Boiro
Carballo
Senda de Mar: Razo-Baldaio
A Coruña
Senda Azul Litoral da Coruña
Oleiros
Costa Libre
Total
7
 
 
 
Lugo
Burela
Sendeiro azul Ruta litoral burelés
O Vicedo

Sendeiro azul Praia Abrela- Punta do Castro

Ribadeo

Ruta do faro de Illa Pancha e As Aceas

Cervo
Sendeiro azul do Torno
Total
4
 
Pontevedra
Cangas do Morrazo
Roteiro de Donón
 
 
 
Vigo

Senda de ribeira e litoral Camiño á Beiramar

Senda entre faros, Islas Cíes-Vigo
Senda litoral e do Monte da Guía
Bueu
Ruta de sendeirismo Cabo Udra
Illa de Arousa
Senda perimentral Bao-Xastelas
A Guarda
Senda litoral da Guarda
Nigrán

Sendeiro litoral Praia América-Panxón

Baiona
Sendeiro litoral de Baiona
Marín
Sendeiro azul Ruta das Praias
Ponte Caldelas
Sendeiro azul do río Verdugo
Sanxenxo
Sendeiro máxico da Lanzada
Sendeiro litoral Montalvo-Major
Sendeiro litoral Canelas- Punta Cabicastro
Sendeiro litoral Porto Novo
Total
15