Xunta de Galicia

Medio Rural reforza a loita contra os incendios coa entrega de 12 novas motobombas aos distritos forestais de Galicia

A conselleira presidiu esta mañá o acto de entrega destes vehículos, que foron adquiridos por importe de 2,5 millóns de euros

Dende o ano 2009, incorporáronse preto dun centenar deste tipo de todoterreos, imprescindibles para a loita contra os lumes
 

  • A conselleira presidiu esta mañá o acto de entrega destes vehículos, que foron adquiridos por importe de 2,5 millóns de euros
  • A conselleira presidiu esta mañá o acto de entrega destes vehículos, que foron adquiridos por importe de 2,5 millóns de euros
  • A conselleira presidiu esta mañá o acto de entrega destes vehículos, que foron adquiridos por importe de 2,5 millóns de euros
  • A conselleira presidiu esta mañá o acto de entrega destes vehículos, que foron adquiridos por importe de 2,5 millóns de euros
  • A conselleira presidiu esta mañá o acto de entrega destes vehículos, que foron adquiridos por importe de 2,5 millóns de euros

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta mañá na entrega de 12 novas motobombas para os distritos forestais de Galicia, a razón de 3 por provincia. Desta forma, a Xunta renova os vehículos motobomba para mellorar a eficacia do dispositivo de loita contra os lumes forestais no seu conxunto e antes de que comece a tempada de alto risco de incendios.

A empresa gañadora do concurso para a adquisición deste lote de motobombas foi Uro Vehículos Especiales S.A. por un importe de 2,5 millóns de euros. O 80% deste orzamento está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Estes vehículos están equipados cunha cisterna de 4.200 litros e cabina sinxela (con capacidade para 2 persoas) para os distritos forestais. A relación de motobombas é a seguinte:

Provincia
Distrito

Localización motobomba

A Coruña
 
Distrito I
Distrito II
Distrito IV

Concello de Ortigueira

Concello de Coristanco

Concello de Boiro
Lugo
Distrito VI
Distrito IX
Distrito X
Concello de Viveiro
Concello de Sarria

Concello de Castro de Rei

Ourense
Distrito XIII

Distrito XIV (2 motobombas)

 

Concello do Barco de Valdeorras

Concello de Verín
Concello da Gudiña
Pontevedra

Distrito XIX (3 motobombas)

 
 
Concello de Cerdedo-Cotobade

Concello de Pontevedra

Concello de Moraña
 

Ángeles Vázquez destacou o compromiso do seu departamento na loita contra os lumes forestais e avanzou que en breve entregaranse novas motobombas aos concellos e aos demais distritos forestais. O obxectivo, engadiu, é dotar a todas as administracións que colaboran na prevención e loita contra os incendios forestais do material axeitado para un bo funcionamento de todo o operativo.

Para a campaña de alto risco de incendios forestais, que comeza o vindeiro 1 de xullo, o Goberno galego contará con preto de 7.000 persoas que participan no dispositivo antiincendios, entre efectivos da Xunta, persoal do Ministerio, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Galicia disporá de arredor dunha trintena de medios aéreos –entre os propios da Xunta e os que aporta o Estado– e 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.

A titular de Medio Rural sinalou que a nosa Comunidade destaca polo seu dispositivo de loita contra incendios, pero incidiu en que é preciso concienciar á cidadanía para intentar diminuír desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos. Por iso a Consellería aposta pola prevención, vixilancia e disuasión e lembra que as administracións locais tamén teñen a competencia de manter limpas as faixas de xestión.

Parque móbil
Estas 12 motobombas súmanse as 43 xa entregadas ao longo do ano 2016 aos distintos distritos forestais, por un valor superior aos 9 millóns de euros. Así mesmo, o ano pasado tamén se cederon outros 14 vehículos a concellos e se facemos balance desde o ano 2009, cómpre destacar que se renovaron un total de 55 motobombas para os distritos forestais e 42 para os concellos de Galicia, por tanto, 97 en total.

 

Departamento: C. do Medio Rural
  • whatsapp