Desactivada a Situación 2 no incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior

Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 1.200 hectáreas

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da desactivación da Situación 2 ás 13,20 horas no incendio rexistrado no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior, ao non haber perigo para os núcleos de poboación da zona afectada.

Este incendio comezou ás 16,30 horas de onte e evoluciona favorablemente. No seu control levan traballado cinco técnicos, 38 axentes, 74 brigadas, 50 motobombas, seis pas, 14 helicópteros e nove avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Laza e bombeiros comarcais da zona. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 1.200 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Departamento: C. do Medio Rural