Nava Castro visita o Belén do Pazo de Mos, que se suma a un tradicional percorrido por toda Galicia en Nadal

Mos (Pontevedra), 18 de decembro de 2017.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou hoxe o Belén do Pazo de Mos, unha das numerosas actividades postas en marcha na nosa Comunidade durante este Nadal que demostra como a ampla tradición belenística que atesoura Galicia, unida á celebración de actividades de lecer e a posta en marcha de mercados navideños distribuídos pola xeografía galega, están a servir de importante dinamizador turístico das catro provincias durante estas datas.

O Belén do Pazo de Mos está composto por máis de 350 figuras instaladas polos veciños desta localidade pontevedresa e poderá visitarse de luns a sábado das 17,00 ás 21,00 horas e os domingos en horario ininterrompido, de 10,00 a 21,00 horas. A ruta de beléns pola provincia de Pontevedra complétase co belén monumental de Herville, tamén en Mos; o belén artesanal en movemento de Valga, de Interese Turístico Galego; o que se pode visitar na Catedral de Tui ou mesmo co belén monumental da cidade de Vigo, entre outros.

Imaxes relacionadas
Turismo
Departamento: