José González reúnese cos representantes de Fruga para analizar cuestións de actualidade relacionadas co agro

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018.- O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu en San Caetano aos representantes da Federación Rural Galega (Fruga) para analizar diversas cuestións de actualidade relacionadas co agro galego. Neste senso, ademais de poñer en común as novidades do Plan Forestal, que xa rematou a súa exposición pública, o conselleiro tomou nota das aportacións realizadas por este colectivo en materia forestal.

Así mesmo, tamén avaliaron a postura de Galicia fronte a reforma da PAC, onde o conselleiro puxo de manifesto o acordo acadado xunto co sector (representado por diferentes organizacións profesionais agrarias) de procurar unha PAC forte que respecte as singularidades da nosa comunidade e agradeceu as achegas realizadas por Fruga. Unha postura consensuada, explicou o titular de Medio Rural, que defenderá o vindeiro luns no Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea en representación das comunidades autónomas españolas, ao que acudirá xunto co Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.


 

Imaxes relacionadas