A Consellería do Medio Rural reforza a súa colaboración coas cooperativas agroalimentarias a prol do agro galego
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2019
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse en San Caetano co director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Higinio Mougán, para reforzar a colaboración entre a Consellería do Medio Rural e esta entidade a prol do agro galego.

Ambos avaliaron as diferentes liñas de axuda que ten abertas a Xunta e das que poden beneficiarse as cooperativas, en especial as de aconsellamento e para organizacións de produtores. Así mesmo, a xuntanza serviu tamén para avanzar na defensa da postura de Galicia diante da futura PAC. Agaca foi, precisamente, unha das organizacións asinantes do documento que resume a posición galega nestas negociacións, unha sinatura que se fixo efectiva en agosto pasado.
 

Imaxes relacionadas