Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 26 hectáreas
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2019
A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal do concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, quedou estabilizado ás 12,30 h.
O incendio comezou ás 06,58 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 26 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Agricultura e gandería
Departamento:
C. do Medio Rural