López-Chaves clausura o Foro Sectorial e Industrial de Galicia
Vigo, 19 de febreiro de 2019
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, clausurou hoxe o Foro Sectorial e Industrial de Galicia celebrado na Sede Afundación de Vigo. Na súa intervención o representante autonómico aproveitou para sinalar que o Goberno galego apoia ás empresas con axudas directas, pero tamén simplificando os trámites para facilitar os investimentos. ”Estamos convencidos de que o noso futuro pasa necesariamente polo apoio aos emprendedores e aos autónomos, pero tamén pola formación, con cursos adaptados ás necesidades do tecido empresarial”, apuntou.

Asemade, apelou ao traballo conxunto cos distintos sectores que permitiu “superar a crítica situación do naval ou a automoción para vivir hoxe momentos esperanzadores”.
 

Imaxes relacionadas