Alumnas do grao medio en Xestión Administrativa do Daniel Castelao de Vigo coñecen o Instituto Galego de Consumo e da Competencia
Vigo, 20 de marzo de 2019
Compartir
  • whatsapp

Alumnas do ciclo formativo de grao medio en Xestión Administrativa do Daniel Castelao de Vigo achegáronse a Delegación Territorial da Xunta en Vigo para coñecer de primeira man o funcionamento do Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

Tras ser recibidas polo delegado territorial, Ignacio López-Chaves, asistiron a unha charla impartida polo xefe do servizo en Vigo, Alfonso Diéguez, e puideron visitar a unidade.

Imaxes relacionadas