A Xunta comeza este luns a 2ª fase das obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840, na travesía de Melide

A actuación para a supresión dun tramo de concentración de accidentes dispón dun prazo de execución dun mes e conta cun orzamento de máis de 48.000 euros

A intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actuará en 3 zonas desta vía, entre os puntos quilométricos 50+200 e 51+700, no municipio de Melide

No paso de peóns do cruce semaforizado coa estrada de Toques ampliarase a beirarrúa para impedir o aparcadoiro de vehículos e aumentar a visibilidade

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará este luns a execución da 2ª fase de mellora da seguridade viaria no entorno do tramo de concentración de accidentes na estrada AC-840, que se corresponde coa travesía de Melide.

Os traballos, adxudicados a Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L, dispoñen dun prazo de execución dun mes, e contan cun orzamento de máis de 48.000 euros

A intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta prevé actuar en tres puntos desta estrada de titularidade autonómica, entre os puntos quilométricos 50+200 e 51+700, ao seu paso polo municipio de Melide.

No paso de peóns do cruce semaforizado coa estrada de Toques, no punto quilométrico 50+320, ampliarase a beirarrúa para impedir o aparcadoiro de vehículos e aumentar a visibilidade, adaptándose así á normativa de accesibilidade.

O paso de peóns do cruce con Otero Pedraio, no p.q. 50+390, se retranqueará aproximadamente 10 metros para afastalo do cruce e aumentar ademais o carril central existente.

No treito entre a intersección coa rúa Vigo e o cruce coa da rúa Luís Seoane, redistribuirase a sección, deixando aparcadoiro só na marxe esquerda e ampliando a beirarrúa dereita.

Esta actuación da continuidade á mellora iniciada o ano pasado nas beirarrúas e pasos de peóns da travesía de Melide.

Imaxes relacionadas