A secretaria xeral da Igualdade mantén unha xuntanza coa asociación pola liberdade afectiva e sexual da Coruña

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019.- A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo este venres unha xuntanza coa Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña ALAS. No encontro participaron Óscar Rodríguez e Pablo Zas, que lle presentaron á secretaria os datos recollidos no informe 2018 do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia

Susana López Abella informoulles que en xuño se constituiría o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, fortalecendo a postura contra calquera tipo discriminación.

Imaxes relacionadas