A secretaria xeral da Igualdade mantén unha xuntanza con Mercedes Montes, directora da E. U. de Relacións Laborais de Lugo

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo este luns unha xuntanza con Mercedes Montes Rodríguez, directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, pertencente a Universidade de Santiago de Compostela.

Na xuntanza a directora informou á secretaria sobre as accións formativas para o alumnado en materia de Igualdade que levarán a cabo. A formación para o alumnado estará orientada cara a adquisición de competencias para deseñar e implantar estratexias, políticas e medidas conducentes a eliminar as desigualdades de xénero na nosa sociedade en xeral e no ámbito empresarial en particular.

Imaxes relacionadas