A secretaria xeral da Igualdade visita a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama de Pontevedra (Adicam)

Cangas do Morrazo (Pontevedra), 21 de maio de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe a Asociación de Diagnosticadas/os de Cancro de Mama de Pontevedra (Adicam), que leva traballando 19 anos no apoio ás mulleres afectadas por esta enfermidade proporcionando unha atención con vocación integral.

A Secretaría Xeral da Igualdade vén colaborando con esta entidade a través das axudas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e das axudas a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade.

Imaxes relacionadas