A Xunta deu permiso en xaneiro deste ano ao Concello de Poio para o repintado de dous pasos de peóns na avenida de Porteliña na PO-308

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o municipio conta coa autorización necesaria para por en marcha as medidas de mobilidade que melloren a seguridade viaria

O concello de Poio tivo xa case cinco meses para executar estas obra

Pontevedra, 11 de xuño de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que o concello de Poio conta coa autorización necesaria da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para repintar dous paos de peóns na avenida de Porteliña.

Cores Tourís insistiu en que a Xefatura Territorial de Infraestruturas en Pontevedra trasladou o 23 de xaneiro o permiso para a execución destas obras que permitirá mellorar a seguridade viaria neste punto da PO-308, un no p.q. 0+880 e outro no p.q. 0+640.

“O concello solicitou o traslado da ubicación destes pasos de peóns en decembro de 2018, e en xaneiro, a Xunta concedeu a autorización. A Xunta recórdalle a Poio que xa tivo case cinco meses para executar estes traballos e que supoñen o rebaixe das beirarrúas a cota de pavimento para accesibilidade, a instalación de rexias, o retranqueo do paso de peóns e a pintura dos mesmos”, engadiu o delegado territorial.

O permiso outorgado pola Xefatura Territorial contempla que se instalen baldosas de botóns de modo que sirvan de guía para as persoas con deficiencia visual. Tamén se lle insiste ao concello que debe ser el quen manteña en boas condicións en todo momento as novas reixas para transición de beirarrúa a pavimento xa que serven de drenaxe da plataforma.

Permitirase o retranqueo do paso de peóns existente no punto quilométrico 0+880 a 20 metros, e segundo consta na autorización “deberá fresarse a pintura do paso actual ata eliminar por completo os restos do anterior paso de peóns. O novo paso deberá executarase con pintura acrílica e de xeito que cumpra cos criterios de antideslizamento vixente”.