Carmen Pomar e Xosé A. Sánchez Bugallo abordan as necesidades educativas do concello de Santiago

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019.- A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reuniuse esta mañá co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, no seu despacho en San Caetano. Durante o encontro ambos analizaron as necesidades educativas do concello compostelán no medio prazo e acordaron manter aberta unha canle de diálogo para, a través dela, afondar nunha colaboración institucional que redunde no benestar da comunidade educativa de Santiago.

Imaxes relacionadas