Máis de 2.700 profesionais incorporáronse ás listas de contratación temporal da Xunta neste ano 2021

O DOG publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos para diversas categorías

A relación de aspirantes pode consultarse no portal web corporativo da Xunta
 

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021
Compartir
  • whatsapp

Máis de 2.700 profesionais se incorporaron ás listas de contratación temporal da Xunta de Galicia ao longo deste ano 2021. Estas listas son empregadas para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos que presta a Administración Autonómica.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos para diversas categorías da Administración Xeral ás que veñen de incorporarse un total de 1.591 profesionais.

Entre as listas publicadas figuran a de veterinarios; profesores numerarios; mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros; axentes, mecánicos e patróns do Servizo de Gardacostas de Galicia; xefes/as e oficiais de cociña; gobernantes; ou xefes e oficiais de servizos técnicos.

A elas, hai que sumar os 1.124 profesionais que xa se incorporaron ás listas de contratación temporal para diferentes categorías sanitarias e de emprego social, publicadas de forma anticipada e separada o pasado mes de xullo co fin de ter unha maior dispoñibilidade de profesionais para cubrir vacantes e reforzar os servizos públicos galegos.

Consulta das listaxes

As listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal no apartado de <Listas de contratación>; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta. Os solicitantes disporán dun prazo de dez días hábiles desde hoxe, data da publicación das listas no DOG, para presentar reclamacións.
 

Imaxes relacionadas