A directora xeral de Administración Local recibe a distinción “Milagrosista do ano 2021”

Natalia Prieto agradeceu o recoñecemento e destacou o compromiso da Xunta co movemento veciñal polo seu importante papel para dinamizar a vida local e contribuír ao benestar da cidadanía

Lugo, 3 de decembro de 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, recolleu hoxe o premio Milagrosista do Ano 2021, concedido pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa durante unha nova edición da gala anual na que se recoñece o traballo de personalidades, institucións e empresas de distintos ámbitos. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, foi o encargado de entregarlle o galardón.
Natalia Prieto agradeceu a distinción e fixo partícipe ao todo o departamento que representa, que entre o apoio para contribuír ao benestar das familias galegas, xestiona axudas ás asociacións de veciños polo seu papel para dinamizar a vida local.
A Xunta mantén o seu compromiso coas entidades veciñais e incrementará nun 20% ata os 3 millóns de euros o orzamento do próximo ano destas subvencións destinadas a melloras nos locais sociais e á dotación de equipamento ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria.

Imaxes relacionadas