Galicia pechou o mes de outubro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 14,84 días, case 12 días por debaixo da media autonómica

A débeda comercial foi a quinta máis baixa de España

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Galicia pechou o mes de outubro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia e Extremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 14,84 días, case 12 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 26,59. Ademais, tamén se situou case 15 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a quinta comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de setembro no 0,22%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,29%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.496 millóns de euros, dos que 140 millóns – o 4%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Outubro de 2021 (*CCAA réxime foral)

Murcia
 6,54
 
Madrid
24,77
Extremadura
14,55
Castilla y León
25,44
Galicia
14,84
TOTAL CC.AA.
26,59
Cantabria
17,26
Andalucía
27,72
C. Valenciana
20,00
Baleares
29,82
La Rioja
21,50
Asturias
31,40
País Vasco*
21,79
Aragón
32,66
C. F. Navarra*
24,39
Cataluña
34,11
Castilla-La Mancha
24,77
Canarias
34,49