Galicia rexistra un total de 42.211 casos activos por coronavirus

Un total de 426.561 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 41.570 pacientes en seguimento nos seus domicilios

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 42.211 deles 9.121 son da área da Coruña, 4.415 da de Lugo, 4.232 da de Ourense, 4.630 da de Pontevedra, 9.706 da área de Vigo, 7.664 da de Santiago e 2.085 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 596 en unidades de hospitalización e 41.570 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 426.561 persoas curadas, rexistrándose 3.035 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 10 de febreiro:
Muller de 50 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Día 11 de febreiro:
Muller de 71 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 95 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 100 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 93 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 91 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 12 de febreiro:
Muller de 95 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Home de 69 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.636.935.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.487.993.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.