O 061 de Galicia asistiu 87 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 13 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 73 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 14 de febreiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 87 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 11 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 13 de febreiro. O domingo foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 27 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 73 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 87 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 27 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
23
Lugo
9
Ourense
5
Pontevedra
27
Galicia
64

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 81. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 62 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 19 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 

Imaxes relacionadas
Sanidade
Departamento: C. de Sanidade