Fernández-Tapias fai entrega a Juan Ferrón da equipación coa que competirá no campionato do mundo de natación adaptada
2022-03-14
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Marzo/semana-03/20220314EntregaEquipacionJuanFerron.jpg
Vigo, 14 de marzo de 2022
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixo entrega a Juan Ferrón, do Club de Natación de Mos, da equipación coa que competirá no campionato do mundo de natación adaptada que terá lugar en Madeira (Portugal) o vindeiro 12 de xuño.
Ouro en 200 metros bolboreta e récord de España en absoluto no campionato nacional de Castellón o pasado ano, Ferrón tamén compite en Galicia na modalidade de natación convencional, sendo na actualidade subcampión junior de 50 metros bolboreta.