A Xunta apoia o regreso do festival de música urbana do Porriño ‘Louro Valley Festival’

O Porriño (Pontevedra), 22 de setembro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na presentación do Louro Valley Festival, que terá lugar mañá venres no pavillón municipal de O Porriño.  No acto tamén participou o alcalde do municipio pontevedrés, Manuel Alejandro Lorenzo.

 

O festival celébrase no marco das Festas do Cristo. Contará coa presenza de Maikel Delacalle, Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez Pity, Diego Mariño e Samu Peixe e a entrada é gratuíta a partir das 23:30 horas.