A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de ‘Camiño Visor Primitivo’ dentro do programa ‘O teu Xacobeo’

Pablo Fernández, realizou a presentación do proxecto “Camiño Visor Primitivo” xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano
 

A Xunta apoia máis de 572 proxectos de 200 concellos galegos que supuxo un investimento de 8 millóns de euros

Madrid, 19 de outubro de 2022 Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Pablo Fernández que presentou o proxecto, “Camiño Visor Primitivo” dentro do programa O Teu Xacobeo.

 

Serrano destacou o poder deste programa que desde a Xunta de Galicia está a levarse a cabo con proxectos socioculturais que complementan a programación do Xacobeo implicando á cidadanía na celebración con propostas culturais e creativas que axuden a pór en valor o Camiño de Santiago, apoiando máis de 572 proxectos de 200 concellos galegos que supuxeron un investimento da Xunta de 8 millóns de euros e permitiron mobilizar case 15 millóns de euros en ámbitos como o turismo, a cultura, o deporte ou a acción social, desde unha perspectiva multidisciplinar que abarca áreas como a arte, o audiovisual ou a gastronomía.

 

Pola súa banda, Pablo Fernández, responsable de Ceres Enxeñaría quixo agradecer o apoio da Xunta ao proxecto xa que “supón un impulso sen o cal non se podería levar a cabo o mesmo porque conta cunha intensidade do 50 % do custo do proxecto”.

 
Fernández rematou a súa exposición engadindo que tras unha primeira edición na que se centraron no Camiño Francés, nesta segunda edición puxeron o foco no Camiño Primitivo, ambas as co apoio do programa.

Imaxes relacionadas