Xunta de Galicia

Belén do Campo inaugura unha nova edición da feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxicos de Boimorto

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2018.- A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, inaugurou esta mañá a feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxicos, Magreco, de Boimorto, ao carón da alcaldesa, María Jesús Novo, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

A directora xeral destacou a importancia deste certames para dar a coñecer as novidades en maquinaria e apeiros nos sectores agrícolas e forestais, permitindo ao público que se achega ter unha visión máis ampla e gozar de exposicións e demostracións en vivo. Así mesmo, do Campo sinalou que este ano a charla divulgativa está centrada na loita contra a vespa velutina, onde ademais de falar do plan de actuación se darán uns consellos aos presentes no caso de detectar un destes niños.

  • whatsapp