Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

30/12/22 | 16:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da acción, dotada dun orzamento de 1.500.000 euros

30/12/22 | 13:17 | Axencia de Turismo de Galicia

Fernández-Tapias salienta a alta demanda do albergue de Vigo, que acolleu en 2022 a 8.000 dos máis de 30.000 peregrinos que utilizaron o Camiño da Costa

A delegada da Xunta en Vigo fixo balance da afluencia de camiñantes ao aloxamento do Berbés durante o Ano Santo que remata

30/12/22 | 11:58 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta suspende a celebración do espectáculo de luz, son e danza de mañá 31 de decembro na Praza da Quintana por mor da meteoroloxía adversa

As previsións meteorolóxicas para hoxe e mañá que apuntan a refachos de vento forte e abundantes choivas constitúen o motivo da suspensión

29/12/22 | 12:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística “Barbanza Arousa. Viaxe a través dos sabores”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Plan que conta con 1.500.000 euros

27/12/22 | 13:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na reunión do Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía aprobado recentemente na Conferencia Sectorial de Turismo a proposta do Goberno galego

O obxectivo do Plan é a promoción de Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025

23/12/22 | 14:02 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía ás entidades locais beneficiarias

O obxectivo do Plan é a promoción de Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025

21/12/22 | 20:59 | Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense destaca o potencial turístico de Galicia

Gabriel Alén destacou que “Galicia está de moda gracias a un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza, gastronomía, patrimonio e sobre todo un entorno e un destino seguro”

21/12/22 | 20:13 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda agradece a Vázquez Portomeñe que conducira o Camiño ao seu rexurdimento para engrandecer a Galicia e facer dela unha orixe e un destino universal

Salienta a sabedoría do novo Embaixador do Camiño por facer da ruta unha metáfora da evolución de Europa cara unha maior integración baseada en metas comúns

21/12/22 | 13:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o espectáculo de luz, son e danza que terá lugar o vindeiro 31 de decembro na praza da Quintana co motivo do remate do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais presentaron hoxe no Centro de acollida ao peregrino o acto co que se remata este Xacobeo