20/12/21 | 13:31 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta agradece a implicación dos empregados públicos para ampliar o alcance e a eficiencia do servizo que presta a Administración autonómica
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron hoxe en Santiago na entrega dos III Premios Empregados/as Públicos/as Innovadores/as
Conde sinalou que os proxectos gañadores recordan a importancia de poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas e do progreso social de Galicia
O conselleiro de Facenda, pola súa banda, destacou que unha administración pública do século XXI ten que ser dinámica, con empregados públicos motivados e con iniciativa que permitan unha transformación continua da Función Pública