16/12/21 | 15:23 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación Conde salienta que a biotecnoloxía xogará un papel clave na transformación dixital e ecolóxica do tecido produtivo galego
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou de xeito telemático na entrega dos IX Premios Bioga, organizados en Santiago polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida
Galicia é a segunda comunidade máis bioemprendedora e para seguir avanzando neste eido a Estratexia de consolidación do sector prevé mobilizar 660 millóns de euros entre 2021 e 2025, impulsando a creación de 500 novos empregos
Ceamsa, do Porriño, KeyBiological, de Vigo, e Celtarys Research, de Santiago de Compostela, foron as compañías que obtiveron os galardóns