10/12/21 | 14:24 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta garante que o desenvolvemento do sector eólico en Galicia só será posible se é compatible co medio natural
Conde destaca o obxectivo de achegar seguridade xurídica a través dunha planificación ordenada
Lembra que a Xunta decidiu establecer unha moratoria de ano e medio para poder tramitar coas máximas garantías os 275 expedientes que hai agora sobre a mesa e que suman 7200MW
Destaca a posta en marcha da rede de información provincial de proxectos eólicos; a Guía divulgativa da tramitación, dispoñible en web; e a Oficina de información a propietarios de terreos
Asegura que o proxecto do parque eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño, non está autorizado e dependerá exclusivamente de se axusta ao que di a lei
Defende unha minería sustentable e, sobre a mina de San Finx, subliña que se están a exixir todas as garantías urbanísticas, ambientais e técnicas que establece a legalidade vixente
Di que a Xunta vai seguir acompañando o sector galego da automoción e velando por que o Goberno cumpra o seu compromiso de incluílo no Perte aprobado