14/03/19 | 14:14 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación Conde destaca o poder do diálogo para mellorar o mercado laboral e apela ao debate construtivo para chegar a acordos
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Teo nas xornadas de acción sindical e negociación colectiva para 2019 organizadas por UGT-Fica Galicia
Sinala que o diálogo e a negociación colectiva son os mellores instrumentos para abordar os retos de futuro como son o emprego que vén, a igualdade efectiva entre homes e mulleres, a estabilidade laboral, a inclusión, a flexibilidade e a conciliación
Indica que o desenvolvemento tecnolóxico, o cambio climático, os movementos demográficos e a globalización están a transformar o escenario laboral
Avoga pola implicación de todos os axentes económicos e sociais para construír un futuro de traballo xusto e equitativo e centrado nas persoas