07/03/19 | 20:30 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación Conde apela á implicación de toda a sociedade para que o mundo laboral feminino sexa un reflexo de igualdade e equidade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no acto ‘Mulleres que inspiran’, organizado por Aje-Lugo para conmemorar o 8M
Salienta que as mulleres emprendedoras representan a valentía, a iniciativa, a responsabilidade e o afán de superación
Un terzo do emprego xerado no último ano entre as mulleres concéntrase en postos técnicos e de alta cualificación
As novas tecnoloxías están abrindo novas oportunidades laborais e están a ser un campo de enormes posibilidades para o emprendemento
O pasado ano creáronse na provincia de Lugo 429 empresas, un 11,7% máis que en 2017