03/12/21 | 14:47 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta destaca en Vigo a importancia do emprendemento e a innovación na mellora competitiva do sector da automoción
O Igape participa na xornada de financiamento da High Tech Auto (HTA), incubadora promovida pola Administración autonómica no marco do ecosistema innovador da industria automobilística
O obxectivo da HTA é completar o ecosistema de innovación da automoción galega e da industria auxiliar, integrado por emprendedores, empresas, o sistema de coñecemento e I+D+i, as administracións públicas e as entidades financeiras
No marco desta incubadora, 10 proxectos están xa en fase de academia grazas á primeira edición e 13 iniciativas atópanse en fase de incubación como parte da segunda