03/12/21 | 14:22 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta avoga por que o porto de Ferrol siga afondando na diversificación de tráficos para lograr o asentamento de novas empresas
Lembra que a actividade portuaria tanto en Ferrol como na Mariña estivo historicamente vinculada ao sector da enerxía, polo que pide ao Goberno que adopte as medidas necesarias para evitar que a crise enerxética desestabilice a industria e os portos galegos
Reitera a necesidade de acometer unha transición enerxética xusta e planificada, e de fixar un prezo eléctrico competitivo para a industria electrointensiva
Convida ás autoridades portuarias e aos operadores loxísticos e empresariais galegos a participar na elaboración da Estratexia Loxística das Infraestruturas de Galicia
2021-2028
Apunta que, despois de seis meses, o Pacto de Estado por Ferrol segue sen contar coa resposta do Goberno