17/12/21 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública A EGAP reforza o plan de formación para 2022 coa incorporación de 124 novidades respecto ao ano anterior
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu esta mañá o Consello Reitor deste organismo
Na reunión, a directora da EGAP presentou o plan de formación para o ano 2022, que suporá a convocatoria de 674 actividades formativas e 34.419 prazas, un 9,6% e un 9,4% máis, respectivamente, en relación ao ano anterior
Sonia Rodríguez-Campos anunciou 124 novidades formativas e un completo programa formativo con temas estratéxicos e de máxima actualidade e unha oferta moi diversificada
O catálogo formativo prevé reforzar os contidos relacionados coa Unión Europea, incorporar programas específicos para o persoal directivo e predirectivo e incrementar a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, entre outras liñas