21/10/21 | 12:54 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta fixa uns investimentos iniciais por 77,1 M€ para o Concello de Pontevedra no proxecto dos orzamentos autonómicos 2022
O delegado territorial, Luis López, informa das contas para a cidade, que inclúen a reforma do IES Luis Seoane, a remodelación integral da residencia de Campolongo, a mellora do centro de menores Avelino Montero e do albergue de peregrinos
“A Xunta é a administración que máis inviste, de longo, na cidade, cunha media de 926,30 euros por habitante e ademais as actuacións deseñadas apostan polas infraestruturas, pero tamén pola educación, a sanidade e o social”, manifesta
A comarca Terras de Pontevedra, xunto aos municipios de Marín e Bueu, conta con 97,1 millóns de euros en investimentos para o vindeiro ano nas contas da Xunta