27/04/21 | 11:40 | C. de Facenda e Administración Pública Valeriano Martínez critica a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denuncia que Galicia tería que recibir 660 millóns máis
Pediu o apoio dos grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos do Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia se corrixa a discriminación a Galicia e apelou a unha cogobernanza real entre o Goberno central e as CC.AA.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu no Parlamento para informar do peche do exercicio 2020 e do gasto ocasionado pola pandemia
Explicou que a pandemia supuxo no 2020 un gasto extraordinario para a Xunta de 629 millóns, cun esforzo adicional para a Administración Autonómica de 90 millóns
Subliñou que o Goberno galego gastou todo o necesario para atender todo o relativo á pandemia e ao mesmo tempo controlou o déficit e a débeda
Ademais, Galicia liderou o ano pasado o esforzo investidor de toda España e foi a Comunidade más áxil no pagamento aos seus provedores