22/03/21 | 14:18 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2021 máis de 1.000 prazas de acceso libre
O Goberno galego amplía así a proposta remitida a semana pasada aos sindicatos, e inclúe as prazas de estabilización e consolidación de persoal que se suman ás 635 da taxa de reposición
A oferta de emprego público de 2021 esgotará a taxa de reposición
O maior número de prazas concéntrase na escala de auxiliares de clínica (138) ou na especialidade en xardín de infancia (101 prazas)
No eido administrativo destacan 79 prazas para o corpo superior (A1) ou 81 para o corpo de xestión (A2)
Inclúense tamén 204 prazas de promoción interna e 160 prazas para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo