14/08/22 | 12:01 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta activa a creación da plataforma dixital que centralizará o acceso a todos os servizos de transporte público autonómico
A licitación do expediente para a adxudicación do desenvolvemento, a posta en marcha e a oficina técnica da Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 foi publicada esta semana
O novo modelo disporá dun planificador multi-modal, compra ou reserva de billetes dende unha app ou dende a web e un sistema de acceso ao transporte co móbil, tarxeta bancaria ou a Tarxeta de Mobilidade de Galicia
A plataforma será aberta e permitirá integrar o transporte urbano e servizos como o dirixido a persoas con discapacidade ou dependencia (065)
O novo contrato inclúe a expedición de 120.000 novas Tarxetas de Mobilidade de Galicia adaptadas á Plataforma