09/06/22 | 14:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública A Xunta aposta polo impulso da intelixencia artificial para axilizar os procesos e mellorar a calidade na prestación dos servizos públicos
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración
Na súa intervención, destacou a importancia da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2023
A proposta de regulamento da Unión Europea sobre IA, a seguridade na aplicación das novas tecnoloxías ou o respecto aos dereitos fundametais dos cidadáns son outros dos asuntos que se abordarán