20/05/22 | 14:56 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta celebra o 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou os actos conmemorativos da xornada, acompañado da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos
Unha conferencia sobre o papel dos poderes públicos na formación e na cultura do século XXI, a presentación dun Repertorio de Lexislación autonómica e a entrega das dúas últimas edicións do Premio Manuel Colmeiro centran a celebración
A EGAP conmemora tamén hoxe o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Delgado Gurriarán a cargo do xornalista Xosé Carlos Caneiro