30/06/21 | 11:36 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta inicia a elaboración dos orzamentos de 2022 que priorizarán a recuperación económica, o emprego e o reforzo dos servizos públicos
As contas do ano que vén enmárcanse na estratexia Next Generation Galicia e no Plan Estratéxico de Galicia baseados no crecemento sustentable e na cohesión social e territorial
Reforzarán a sanidade e a educación para seguir garantindo a seguridade socio sanitaria de todos os galegos e galegas
Impulsarán o Xacobeo 21-22 para situar a Galicia como un destino turístico sostible, atractivo e seguro
Afondarán na reforma da Administración autonómica para proporcionar aos cidadáns un servizo máis accesible, áxil, eficiente, transparente e de maior calidade