03/06/21 | 10:27 | C. de Facenda e Administración Pública Máis de 14.700 aspirantes examinaranse o vindeiro 4 de xullo para 208 prazas de persoal subalterno e ordenanzas
Trátase do proceso selectivo ao que concorre un maior número de aspirantes
As probas realizaranse en quendas sucesivas e simultaneamente en tres sedes distintas: Santiago, Silleda e Lugo
Un operativo formado por máis de 200 persoas controlará que as probas se desenvolvan correctamente e con total seguridade
En total, máis de 32.600 aspirantes están chamados a participar ao longo dos meses de xuño e xullo nas oposicións para diversas categorías administrativas
As autoridades sanitarias avalan o protocolo covid 19 para a realización das probas con seguridade e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade