28/12/17 | 17:17 | C. do Medio Rural A Xunta facilítalle ao Concello de Touro un novo tractor para realizar labores de limpeza forestal e prevención de incendios
O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde, Ignacio Codesido, comprobaron as características da nova maquinaria, valorada en 90.000 euros
A Consellería do Medio Rural destina un investimento total de 3,1 millóns de euros para achegar vehículos a 35 concellos, dos que doce son da provincia da Coruña