23/04/19 | 11:49 | C. do Medio Rural José González destaca a importancia e longa tradición da Feira do Viño do Ribeiro na presentación da súa edición número 56
O conselleiro do Medio Rural cualificou esta celebración, que terá lugar entre o 3 e o 5 de maio, como unha das festas enolóxicas máis relevantes de Galicia
Salientou ademais que este ano serán 38 os expositores participantes, dous máis que en 2018
Puxo en relación este tipo de eventos coa estratexia que está a impulsar a Xunta, en colaboración cos consellos reguladores e outros axentes do territorio, para dinamizar as comarcas vitivinícolas de Galicia